Tuesday 14 de May de 2024

O Partido Popular pide a devolución dos orzamentos por non responder as prioridades dos oleirenses


PRESENTOU UNHA EMENDA Á TOTALIDADE SINALANDO INVESTIMENTOS INAPRAZABLES

En opinión do Partido Popular, os orzamentos presentados polo Concello de Oleiros para 2024 non contribúen a abordar e nin a resolver os principais e inaprazables problemas que sofren os veciños de Oleiros. Seguen sen contemplar partidas que dean resposta ás adaptacións que implica o crecemento urbanístico que se rexistra no municipio, así como a necesidade imperiosa de mellora xeral das redes de saneamento público, de recollida de augas pluviais ou de traída de auga potable. Gran parte destas redes son de xeito evidente insuficientes ou están deterioradas ou obsoletas.

As partidas destinadas ao mantemento de infraestruturas públicas como parques e xardíns quedan moi lonxe da realidade, cos consecuentes riscos que iso supón para os usuarios.

Resultan sorprendentemente ridículas as cantidades destinadas a políticas sociais, asistencias a dependentes, bolsas e axudas de todo tipo, especialmente as de comedor, considerando as contías recadatorias do municipio.

A rede viaria municipal de Oleiros deixa moito que desexar. O estado en que se atopan numerosos camiños e estradas, con falta de luminosidade e de beirarrúas,requiren unha dotación orzamentaria con carácter plurianual que permita unha mellora e un mantemento contínuos e, en definitiva, a seguridade mínima esixible que merecen tanto os peóns como os condutores que transitan polo municipio.

En materia de persoal atopámonos cun exiguo persoal de Policía Municipal, mal remunerada e dotada, polo que tamén habería que aumentar as partidas dedicadas a garantir a seguridade dos cidadáns, multiplicando o número de axentes e mellorando os medios de que dispoñen.

Desde o Partido Popular consideramos sorprendente e carente de sentido o aumento xeral das taxas municipais -que irá en detrimento de os petos dos veciños de Oleiros-acompañado do incremento da retribucións dos trece concelleiros con dedicacióndo Grupo de Goberno anunciado recentemente. Con esta cantidade de dedicacións dos concelleiros, parécenos indecente que o concello dispoña de sete asesores retribuídos. Esta política só serve para diezmar os recursos que se poderían dedicar ás necesidades sinaladas anteriormente.

Por outra banda, consideramos totalmente innecesario neste momento destinar a partida máis importante do capítulo de investimento a un novo auditorio, @teniendo en cuenta a rede de auditorios existente no concello.
Paralelamente, parécenos inxustificable a enorme cantidade de diñeiro público que destina o goberno municipal á publicidade e propaganda, utilizando en exclusiva a radio municipal, facendo uso indebido dos paneis luminosos, a revista “Vivir en Oleiros” ou, mesmo, as propias redes sociais do Concello.

E denunciamos, por último, a mala fe permanente en todo o que se refire a dificultar o traballo da oposición, incluído o estudo dos mesmos orzamentos que se entregan poucos días antes da comisión informativa, na semana anterior ao Pleno en que hai que abordalos e lembrámoslle ao alcalde que ningún dos concelleiros do Partido Popular ten dedicación exclusiva e dispoñen duns medios de apoio miserables -determinados polo propio alcalde- e, en todo caso, moi inferiores aos de concellos limítrofes como Cambre ou Culleredo -e xa non digamos A Coruña-, para realizar o seu labor.

Sobre a emenda á totalidade presentada polos Populares, Jaime Núñez, concelleiro do Partido Popular de Oleiros, manifestou “De non aceptarse a devolución dos orzamentos, presentaremos no Pleno unha batería de emendas destinadas a afrontar os principais problemas que ao noso xuízo son prioritarios para os oleirenses.”